O próximo 29 de maio terá lugar no IEGPS o seminario de especialización “Negotiatores et peregrini traseuntes. Os efectos da peregrinación na Asturias medieval”, impartido por María Álvarez Fernández.
María Álvarez Fernández é Profesora Titular do Departamento de Historia da Universidade de Oviedo desde 2019 e Doutora por esta mesma Universidade con Mención Internacional desde o ano 2006. Desenvolveu na Università degli Studi dei Siena a súa formación postdoutoral grazas a un contrato docente e investigador FICYT no marco da Scuola dei Dottorato Riccardo Francovich. Storia e Archeologia do Medioevo (2007-2009) que lle permitiu desenvolver un frutífero intercambio de colaboracións interuniversitarias en universidades italianas de recoñecido prestixio (Siena, Florencia, Pisa, Piemonte Oriental, Roma) sendo a coordinadora responsable do Programa ERASMUS+ coa Università degli Studi dei Siena desde o curso 2015-2016.
As súas liñas de investigación abarcan o complexo ámbito das sociedades urbanas medievais desde múltiples perspectivas: o urbanismo e a morfoloxía dos espazos urbanos, a obra pública e o patrimonio inmobiliario, as políticas concejiles, as facendas locais e a fiscalidade municipal, as identidades cívicas e as corporacións profesionais e as confrarías relixiosas, ópticas sempre circunscritas aos séculos finais da Idade Media. Na actualidade, enfoca o seu labor investigador cara a tres novas liñas de estudo, sempre contextualizadas na Baixa Idade Media Europea:
- O estudo das vilas portuarias e comerciais do Noroeste peninsular no marco do proxecto de investigación dedicado á gobernanza dos portos atlánticos dirixido desde a Universidade de Cantabria Del barco al mercado. Actividad económica, relaciones sociales y conflictos armados en las ciudades y villas portuarias de la Europa atlántica bajomedieval.
- A historia social das mulleres, no marco de Deméter, Grupo de Investigación Consolidado da Universidade de Oviedo.
- As peregrinacións e o fenómeno devocional en torno ao camiño primitivo Oviedo-Compostela, desde a Cátedra Oviedo, origen del camino, da que é subdirectora.
Participou como investigadora colaboradora en seis proxectos de investigación obtidos en convocatorias públicas competitivas, nacionais e autonómicas e o resultado das devanditas colaboracións foi a publicación de cinco libros (2008, 2009, 2011, 2014, 2015), a edición de tres monografías, varios artigos e máis dunha trintena de capítulos de libro en monografías nacionais e estranxeiras derivadas, na súa maioría, da súa participación en congresos nacionais e internacionais.