Quinta sesión dos «Seminarios bibliográficos del IEGPS» 2022.

O martes, 28 de xuño de 2022, ás 11:00 horas, celebrarase a quinta sesión dos «Seminarios bibliográficos del IEGPS» 2022 titulada “Alfonso de Borbón Austria-Este: Viaje al Cercano Oriente en 1868 (Constantinopla, Egipto, Suez, Palestina)".
Desde a Antigüidade Tardía, o Oriente Próximo transformouse no destino de milleiros de peregrinos, algúns dos cales inmortalizaron os seus periplos viaxeiros en relatos que, afortunadamente, téñense preservado e estanse editando, constituíndose nunhas fontes de información de valor excepcional. Así se comproba, por exemplo, no caso de Alfonso de Borbón y Austria-Este quen, no ano 1868, visitou Constantinopla, Exipto, Suez e Palestina. Deste extenso itinerario, conservouse un diario de peregrinación que recentemente publicaron a Dra. Cristina de la Puente e o Dr. José Ramón Urquijo Goitia, ambos os dous do CSIC, en cuxa presentación web estarán acompañados do Dr. Luis Alburquerque García (CSIC) e do Dr. Ignacio Peiró Martín (Universidad de Zaragoza) como comentaristas. 

Este novo seminario web do IEGPS poderase seguir en liña, na plataforma ZOOM, mediante o seguinte enlace: https://us02web.zoom.us/j/85942380162?pwd=cnlJQmNHNG9vdUoydHprbE1DeHNodz09.

Scroll to Top