Quinta sesión do II ciclo de webinarios divulgativos do IEGPS «Vidas medievales en Galicia»

O vindeiro mércores, 18 de maio de 2022, terá lugar o quinto relatorio do II ciclo de webinarios divulgativos do IEGPS: «Vidas medievales en Galicia», impartida por Adeline Rucquoi co título «Berenguel de Landoria, un arzobispo sorprendente».
Adeline Rucquoi é Doutora en historia medieval pola Universidade da Sorbona-París IV e directora de Investigacións emérita do CNRS (Centre National da Recherche Scientifique). Estivo vinculada ao Centro “Études Méridionales” de Toulouse (1982-1990), ao “Centre de Recherches Historiques” (CNRS- EHESS) de París (1990-2014) e, desde 2021, é Doutora asociada ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC).
A súa traxectoria investigadora iniciouse cun estudo sobre historia urbana -Valladolid en la Edad Media- e continuou coa análise da “Xénese do poder” a finais da Idade Media na Península ibérica. Ampliou estas liñas de investigación coa súa dedicación ao estudo da historia cultural ibérica ao longo do período medieval, con especial atención á historia da peregrinación a Santiago de Compostela. En relación con esta última actividade, foi presidenta da Société Française des Amis de Saint Jacques de Compostelle e do seu Centro de Estudios compostelanos (1999-2016); directora da súa revista Compostelle. Cahiers du Centre d’Études, de Recherche et d’Histoire compostellanes; co-directora da Cátedra “Camino de Santiago y las Peregrinaciones” (Xacobeo-Catedral de Santiago-Universidade de Santiago de Compostela) entre 2016 e 2019. É membro do Comité International de Expertos del Camino de Santiago del Xacobeo (desde 2010) e membro do Comité Científico das revistas Ad Limina, Compostellanum e Cuadernos de Estudios Gallegos, entre outras.
Así mesmo, é membro do número da Société Nationale des Antiquaires de France, que presidiu en 2020; Correspondente da Real Academia de la Historia (España), da Academia Mexicana de la Historia (México), da Academia Portuguesa da História (Portugal), da Real Academia de Buenas Letras de Barcelona (España) e do Centro de Investigação Professor Doutor Joaquim Veríssimo Serrão, Santarem (Portugal), e membro de varias corporacións académicas.
Entre os seus máis de duascentas publicacións cabe destacar, entre as máis recentes e por estar dedicadas ao Camiño de Santiago: À Jacques, apôtre, frère de Jean. Précis à l’usage du pèlerin de Compostelle, Paris, CLD Éditions, 2020; con Françoise Michaud-Fréjaville e Philippe Picone, Le Voyage à Compostelle. Du Xe au XXe siècle, Paris, Robert Laffont, 2018; “Compostelle, un avant-goût du Paradis”, en Gaële de La Brosse (ed.), À Compostelle. Hommages au chemin de Saint-Jacques, Paris, Salvator, 2021, pp. 205-210; “La dimensión europea del camino desde su origen (II)”, Compostela. Revista de la Archicofradía Universal del Apóstol Santiago, 63 (2020), pp. 29-37; “Santiago y la monarquía francesa”, Jacobus patronus. X Congreso Internacional de Estudios Jacobeos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2020, pp. 49-68; “Relics and pilgrimages of St James the Greater in France”, en Antón Pazos (ed.), Relics, Shrines and Pilgrimages, Oxon-New York, Routledge, 2020, pp. 41-62; “La dimensión europea del camino desde su origen (I)”, Compostela. Revista de la Archicofradía Universal del Apóstol Santiago, 61 (2019), pp. 27-34; “The Way of Saint James: A sacred space?”, International Journal of Religious Tourism and Pilgrimage, 7: 5 (2019), pp. 41-47; “Los reyes de Asturias y los orígenes del culto a la tumba del apóstol Santiago”, en Francisco Javier Fernández Conde e Raquel Alonso Álvarez, Los reyes de Asturias y los orígenes del culto a la tumba del apóstol Santiago, Oviedo, Trea, 2017, pp. 17-36.
Sobre Bereguel de Landoria, protagonista do webminario, é editora de Berenguel de Landoria. Actas do XI Congreso Internacional de Estudos Xacobeos, Santiago de Compostela, 19-22 de febreiro de 2020, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2021. Publicación no que participou co artigo “Berenguel de Landoria e os dominicos na Castela de Alfonso XI”, pp. 23-53.

Inscripción: https://forms.gle/zNZRAxS7trQTUD8g7

Scroll to Top