Presentación do libro "Las reliquias de Santiago. Documentos fundamentales de la `reinventio´de 1879" de Antón M. Pazos

O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), centro mixto do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Xunta de Galicia, presentará o libro «Las reliquias de Santiago», de Antón M. Pazos, o vindeiro xoves, 7 de xullo de 2022, ás 19:00 horas. O acto contará coa presenza de Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta de Galicia, Julián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela e Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidad.
Antón M. Pazos é doutor en Historia e en Teoloxía. Antes da súa incorporación ao CSIC no ano 2000, foi profesor nas universidades de Oviedo e Navarra. En 2006 trasladouse do Instituto de Historia de Madrid ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, onde foi vicedirector e segue sendo responsable do grupo de investigación centrado no coñecemento do fenómeno das peregrinacións, que recibiu o premio "Camiño de Santiago" da Xunta de Galicia en 2015. Foi presidente da Commission Internationale d'Histoire et d'Études du Christianisme (CIHEC) e é membro do Pontificio Comitato dei Scienze Storiche.
Como afirma o autor de «Las reliquias de Santiago», "os estudos sobre as peregrinacións son un tema de investigación cun percorrido cada vez máis brillante. Se nos cinguimos ao ámbito da peregrinación xacobea desde un punto de vista estritamente histórico, é moi de destacar o salto de calidade que se deu na investigación sobre o período contemporáneo, é dicir, sobre a peregrinación nos séculos XIX e XX. O acontecemento crave que está na orixe remota da revitalización das peregrinacións a Santiago foron as escavacións iniciadas en 1878 na catedral compostelá, en liña co que se estaba facendo entón en Europa, e singula

Scroll to Top