Persoal

Pablo S. Otero Piñeyro Maseda

Licenciado e Doutor en Historia, ambos con Premio Extraordinario, pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou estancias postdoctorais no Centro de Estudos da População, Economia e Sociedade (CEPESE) da Universidade do Porto e da FCT (Portugal) e no Instituto de Historia do CCHS do CSIC. Dende 2017 é Científico Titular do CSIC. 

Información de contacto
Rúa de San Roque, nº 2
15704, Santiago de Compostela
+0034 981540233
pablo.pineyro@csic.es

Temas de investigación.

As súas liñas de investigación céntranse na edición de coleccións documentais de mosteiros e casas nobres, así como na historia social da nobreza galega na Baixa Idade Media e o Renacemento.

Outras actividades.

A súa actividade investigadora está reflectida en seis monografías -un libro e dous volumes de coleccións documentais, aos que se engaden outras tres colecciones documentais en coautoría-, unha ducia de capítulos de libro e ao redor dunha trintena de artigos publicados en revistas con arbitraxe científica. Foi investigador principal do proxecto do Plan Estatal “La casa señorial en Galicia (siglos XIII- XVI). Materiales para su estudio” (2018-2021).

É membro e secretario do Consello de Redacción da revista Cuadernos de Estudios Gallegos e das súas dúas series bibliográficas, Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos e Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos (nesta última só como membro do seu Comité Editorial). É vocal da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e membro titular da Académie Internationale de Généalogie.

Publicacións recentes.

Eduardo PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, Pablo S. OTERO PIÑEYRO MASEDA e Xosé Antón GARCÍA GONZÁLEZ-LEDO

Las laudas armoriadas del Monasterio de Oseira. Contexto, descripciones y comentarios”, en Raquel Casal et al. (eds.), Galicia monástica. Estudos en lembranza da profesora María José Portela Silva, Santiago de Compostela, Universidade, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2009, páxs. 495-513.

Pablo S. OTERO PIÑEYRO MASEDA

Colección Diplomática do mosteiro cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense) 1435-1485, vol. V, [s.l.], Tórculo; Departamento de Historia I, 2008, 621 páxs.

Pablo S. OTERO PIÑEYRO MASEDA

Colección documental del Archivo de la Casa de Otero de Quiroga (siglos XIII-XVIII), Lugo, Deputación Provincial, 2007 (Col. Historia), 277 páxs.

Miguel ROMANÍ MARTÍNEZ y Pablo S. OTERO PIÑEYRO MASEDA

El antiguo monasterio de Santiago de Ermelo. Estudio, documentación e índices, Santiago de Compostela, Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, 2005 (Monografías de Cuad. Estud. Gall, núm. 6), 116 páxs. 

Loading...
Scroll to Top