O IEGPS súmase á celebración do Día do Naturalismo Galego

O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento súmase, xunto a outras entidades, á celebración do 9 de marzo como Día do Naturalismo Galego, coincidindo coa data de nacemento de frei Martín Sarmiento, monxe benedictino e investigador pioneiro, entre outras materias, disciplinas e ámbitos temáticos, das ciencias da natureza.
Esta iniciativa é un movemento civil que nace tras a conferencia do profesor Rafael López Loureiro titulada "Martin Sarmiento... o primeiro naturalista?", que tivo lugar en novembro de 2022 no Museo de Historia Natural de Ferrol.
A esta iniciativa sumáronse a Delegación e centros do CSIC en Galicia, a Real Academia de Ciencias de Galicia, a Sociedade Galega de Historia Natural, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Fundación Cultura dá Paz en Galicia, entre outras entidades.

Scroll to Top