O IEGPS participa no “Mes da Ciencia en Gallego na Biblioteca de Galicia 2022” co taller “Deseñando o noso escudo familiar”

Neste taller preténdese introducir aos nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria na orixe e significado da heráldica: como xorde, como se foi desenvolvendo co tempo e como se pode deseñar un escudo de armas seguindo as regras básicas da heráldica. Para iso, primeiro farase unha breve explicación de forma amena e entretida sobre a súa orixe e a dos diferentes elementos que o representan e o seu por que: cores, formas, figuras… E despois, cada participante creará o seu escudo familiar xogando coas formas e símbolos comúns da heráldica: animais, castelos, plantas…
Terá lugar o 12 de novembro de 2022, Ás 17.30 horas, na Biblioteca de Galicia, Aula I. Esta actividade é gratuíta ata completar aforo (20 persoas) previa inscrición na web: https://www.cidadedacultura.gal/es/evento/taller-disenando-nuestro-escudo-familiar-mes-de-la-ciencia-en-gallego-en-la-biblioteca-de

Scroll to Top