O CSIC inicia os traballos de catalogación do arquivo histórico do SEG que se custodia no IEGPS

Iníciase a primeira fase, centrada nos traballos de descrición do fondo documental, do proxecto integral que poñerá en acceso aberto o arquivo histórico do SEG que se custodia no IEGPS.
O CSIC, mediante a súa Unidad de Recursos de Información Científica para la Investigación (URICI), súmase á celebración do Centenario do Seminario de Estudos Galegos (SEG), inmediato precedente do IEGPS, financiando a descrición do arquivo histórico do SEG que se custodia na súa biblioteca.
Os traballos, encomendados a unha empresa especializada e baixo a supervisión de URICI, acaban de comezar e prevese que continúen durante o próximos tres meses. Desta maneira, os documentos do fondo do SEG estarán descritos e dispoñibles no catálogo colectivo de la Red de Bibliotecas y Archivos del CSIC. A fase última deste proxecto será a dixitalización dos documentos deste fondo arquivístico e a súa incorporación a SIMURG, portal de fondos digitalizados del CSIC, dependiente también de la URICI, facilitando así el acceso en abierto al archivo del SEG a los investigadores de todo el mundo.

O fondo do SEG do IEGPS, bastante heteroxéneo, componse fundamentalmente de:

  • Libros de Actas das sesións do Seminario.
  • Relacións de socios do Seminario e libro de rexistro.
  • Fichas de revistas coas que o Seminario mantiña intercambio.
  • Correspondencia de membros do Seminario.
  • Fichas catalográficas do Seminario.
  • Traballos dos socios do Seminario para a súa posterior publicación na revista Arquivos.
  • Fotografías.

 

Scroll to Top