Incorporación ao IEGPS de Jéssica Cobas Díaz no marco do convenio asinado pola Fundación ONCE e a CRUE

O pasado día 1 de xuño de 2023 incorporouse ao IEGPS Jéssica Cobas Díaz, alumna do Grao en Xeografía e Historia da Universidade de Vigo, para realizar prácticas académicas externas como beneficiaria dunha bolsa no marco do convenio que a Fundación ONCE e a CRUE (Conferencia de Rectores de Universidades Españolas) establece para a realización de prácticas entre o alumnado universitario con discapacidade, cunha duración total de 3 meses.
Jéssica Cobas colaborará en diferentes tarefas de introdución á investigación de arquivo baixo a titoría do Dr. Pablo Otero Piñeyro Maseda, Director do IEGPS, dentro do Grupo de investigación do CSIC "Historia Social del Poder desde la Edad Media", cuxa IP é a Dr.ª Amparo Rubio Martínez.

 

Scroll to Top