II Coloquio internacional “El linaje y la parentela en el Occidente peninsular (Siglos XIII-XV). Reflexiones y debates en homenaje a Faustino Menéndez Pidal de Navascués”

Os próximos días 19 e 20 de maio de 2022 terá lugar no IEGPS o II Coloquio internacional “El linaje y la parentela en el Occidente peninsular (Siglos XIII-XV) Reflexiones y debates en homenaje a Faustino Menéndez Pidal de Navascués”.
Este novo coloquio, cuxa celebración estaba prevista para o pasado ano 2020, dá continuidade ao celebrado en 2011, aínda que contando agora coa colaboración do Instituto Internacional de Genealogía y Heráldica, organismo do que son membros de número a maioría dos relatores que foron chamados a participar. Todo iso, enmarcado na denominada historia social do poder, liña de investigación que nestas dúas últimas décadas alcanzou un singular desenvolvo dentro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e cuxos esforzos se concentran no desenvolvemento de diversos proxectos e contratos de investigación, en particular, La casa señorial en Galicia (siglos XIII-XVI). Materiales para su estudio (HAR2017-82480-P).
Este coloquio ten como obxectivo promover a reflexión e o debate ao redor dos asuntos específicos que afectan os traballos actualmente en curso ademais de render homenaxe á figura e obra de Faustino Menéndez Pidal de Navascués, falecido o 21 de agosto de 2019, merecedoras dos maiores recoñecementos.
Entrada libre. (Programa)

 

Scroll to Top