Persoal
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés

Doutor en Historia Medieval pola Universidad Complutense de Madrid e Profesor de Investigación do CSIC. Foi destinado na Institución “Milá i Fontanals”, de Barcelona, e máis tarde no Instituto de Historia, de Madrid. En 1994 incorporouse ao IEGPS.
Datos de contacto
Rúa de San Roque, nº 2
15704, Santiago de Compostela
+0034 881 597423
eduardopardo@iegps.csic.es
Temas de investigación.
As súas investigacións céntranse no ámbito da Historia da baixa Idade Media e, máis especificamente, na historia social do poder (historia política e social dos grupos de poder en Galicia), cultivando complementariamente os estudos de Xenealoxía e Heráldica medievais. Ten sido Investigador Principal dunha trintena de proxectos competitivos e contratos de investigación no ámbito da súa especialidade.
Outras actividades.
Foi director do IEGPS desde 1994 ata 2022 e na actualidade é o seu director honorario, así como vicepresidente do Comité Español de Ciencias Históricas, presidente do Instituto Internacional de Genealogía y Heráldica, e vicepresidente académico da Confederación Iberoamericana de Genealogía y Heráldica. Por outra banda, é director da serie bibliográfica Anejos de Cuadernos Gallegos e membro dos comités asesores de varias revistas científicas españolas e director, ademais da colección “Galicia Histórica”, editada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza. Foi delegado e coordinador institucional do CSIC en Galicia entre os anos 2012 e 2019.
É, así mesmo, membro titular ou académico de Número, de Honra ou Correspondente de máis dunha vintena de institucións e corporacións académicas, nacionais, estranxeiras ou internacionais. Así, por exempo, é académico de Número da Academie Internationale d’Héraldique, da Academie Internationale de Généalogie, e da Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía, ou Correspondente da Real Academia de la Historia e da Real Academia Hispanoamericana, de Cádiz.
Publicacións recentes.
Eduardo PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS
“Un relato contemporáneo da batalla de Cacheiras e da entrada do xeral Concha en Santiago (1846)”, Murguía. Revista Galega de Historia, núm. 9 (2006), páxs. 17-23.
Eduardo PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS
“Fonseca, Moscoso... y el Rey. A propósito de la accidentada peregrinación de León de Romisthal, barón de Blatna”, en Os Capítulos da Irmandade. Peregrinación y conflicto social en la Galicia del siglo XV, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2006, páxs. 484-501
Eduardo PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS
“La pacificación de Galicia por los Reyes Católicos. El hecho que Zurita llamó la doma y castración del Reino de Galicia”, en Os Capítulos da Irmandade. Peregrinación y conflicto social en la Galicia del siglo XV, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2006,páxs. 438-465.
Eduardo PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS
“La rebelión irmandiña. Conexiones, hechos y documentos”, en Os Capítulos da Irmandade. Peregrinación y conflicto social en la Galicia del siglo XV, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2006, páxs. 384-411.
Eduardo PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS
“La memoria genealógica y el orgullo de linaje en un instrumento de 1509", Nobiltà, 70 (2006), páxs. 103-127.