Congreso "Mas allá de la frontera: nobles, prelados y cortesanos en el occidente peninsular (siglos XII-XV)"

Os días 25 e 26 de outubro de 2022, celebrarase no IEGPS o congreso "Mas allá de la frontera: nobles, prelados y cortesanos en el occidente peninsular (siglos XII-XV)" cuxo obxectivo é o estudo comparado dos procesos históricos bajomedievales que permitiron o intercambio entre dúas sociedades afíns. Con este encontro científico preténdese actualizar aqueles temas de estudo que comparten algúns especialistas que investigan en terreos compartidos de historia política, social e cultural. Con esta actividade preténdese ademais mellorar o intercambio e a colaboración entre dous grupos de investigación que viñeron traballando en temas comúns: por unha banda, o grupo Historia social del poder desde la Edad Media, do IEGPS, que coordina a Dra. Amparo Rubio Martínez tras o paso á condición "ad honorem" do Dr. Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, e o grupo Mundo Ibérico, do IH, que coordina o Dr. César Olivera Serrano, o cal dirixe un proxecto de investigación centrado precisamente nas relacións luso-castelás na Baixa Idade Media.

A entrada será libre ata completar aforo. Se desexa obter certificado de asistencia (mínimo 80% das intervencións) deberá encher o seguinte formulario: https://forms.gle/BGLGH3PymMKWbyvz8

(Programa)

Scroll to Top