Pérez Rodríguez, Francisco Javier.

Los monasterios del reino de Galicia entre 1075 y 1540: de la reforma gregoriana a la observante.
Anejo 47, 2019, CSIC; Xunta de Galicia, 1344 páxs.

Resumo: A pesar de que a bibliografía sobre o monacato medieval en Galicia é extensa, non cobre por completo un problema tan aparentemente simple como establecer que mosteiros do reino existían nunha data concreta do arco cronolóxico abarcado (1075-1540). Esta obra trata, en boa medida, de abordar esta problemática. Desta maneira, e tras a localización e enumeración dos mosteiros, preténdese a súa identificación, caracterización e clasificación individual, mostrando os cambios que se produciron —de habelos— en cada casa. Trátase, pois, de poñer fin, na medida do posible, a erros máis ou menos evidentes que incumben a máis dun mosteiro, tachado de casa templaria ou cuxa adscrición a unha ou outra orde non estaba do todo clara. Para este propósito, é imprescindible mostrar e explicar os cambios que teñen lugar no monacato galego durante o período 1075-1540. Analízase así o impacto que tivo no reino de Galicia a chegada das normas gregorianas, a reestruturación benedictina, a superioridade desta regra sobre a agostiña, as doazóns a Cluny, as fundacións e afiliacións cistercienses... para terminar co proceso que conduce á reforma observante e estudar como se desenvolve esta ata o seu final, xa na Idade Moderna.

Como citar:  Francisco Javier PÉREZ RODRÍGUEZ, Los monasterios del reino de Galicia entre 1075 y 1540: de la reforma gregoriana a la observante, Santiago de Compostela, Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Xunta de Galicia, 2019, 2 vols. (Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos, 47).

Descargar índice

Scroll to Top