A nobreza galego-portuguesa da diocese de Tui (915-1381).
Anejo 48, 2019, CSIC; Xunta de Galicia, 857 páxs.
Resumo: O volume A Nobreza Galego-Portuguesa da Diocese de Tui (915-1381) céntrase na análise da identidade política e socio-familiar da aristocracia transfronteiriza da antiga diocese de Tuy, cuxa articulación tivo lugar nunha franxa territorial definida polo curso portugués do Límia (ao sur) e pola ría de Vigo (ao norte). Este estudo caracterízase tamén por unha lectura da sociabilidade de fronteira a longo prazo, considerando desde a primeira restauración da diocese (915) ata a separación dos seus territorios portugueses (1381), como consecuencia da crise xerada polas "Guerras Fernandinas" e polo Gran Cisma do Occidente. Baseado nun profundo exame da realidade política e eclesiástica desta rexión transfronteiriza e da natureza socio-familiar da súa nobreza -que se relacionaba libremente cos poderes dos dous lados de fronteira-, esta investigación revela unha serie de factores socio-políticos primordiais que sobreviviron á formación das nosas fronteiras políticas e que influíron decisivamente no proxecto soberanista portugués do século XII, converténdose con posteridade nunha reminiscencia social primitiva da unidade política vivida durante as centurias anteriores á independencia de Portugal.
Como citar: João Paulo MARTINS FERREIRA, A Nobreza Galego-Portuguesa da Diocese de Tui (915-1381), Santiago de Compostela, Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Xunta de Galicia, 2019 (Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos, 48).