Enjo Babío, María Ascensión.

Colección documental del Archivo de la Catedral de Ourense (S. XIV). Estudio introductorio y transcripción.
Anejo 46, 2018, CSIC; Xunta de Galicia, 1708 páxs.

Resumo: O principal obxectivo desta obra é realizar a transcrición dos documentos do cabido catedralicio de Ourense do século XIV. O noso propósito non é obter conclusións sobre o cabido, senón presentar e poñer ao dispor das investigadores fontes que lles permitan estudar o cabido e o territorio sobre o que este exercía o seu dominio —entre o que se atopa a cidade de Ourense—, á vez que contribuír a dar a coñecer o inxente patrimonio documental que encerra o Arquivo Catedralicio de Ourense. Así pois, o núcleo principal desta investigación está constituído pola transcrición dos documentos que se completa coa elaboración de índices onomásticos e toponímicos onde se recollen, identifican e ordenan os nomes de persoas e lugares mencionados na documentación, co fin de facilitar a consulta. A edición dos documentos vai precedida dun estudo introdutorio no que se abordan distintas cuestións relativas a este fondo documental. Consta de tres capítulos: no primeiro situamos aos documentos no seu contexto histórico e facemos un breve percorrido pola historia da institución que os xerou; no segundo analizamos o arquivo catedralicio, estudando todo o relacionado coa conservación e o tratamento arquivístico, desde os depósitos e os sistemas de instalación dos documentos ata o labor desempeñado polos cóengos e persoas que desenvolveron a función de arquiveiro na Iglesia auriense, sen esquecernos da descrición dos fondos e as formas de acceso e control aos mesmos; por último, no terceiro expóñense os tipos de notarios ante os que se redactaron os documentos e recóllense os seus signos notariais.

Como citar:  María Ascensión ENJO BABÍO, Colección documental del Archivo de la Catedral de Ourense (S. XIV). Estudio Introductorio y transcripción, Santiago de Compostela, Consejo Superior de Investigaciones Científicas; Xunta de Galicia, 2018 (Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos, 46).

Descargar índice

Scroll to Top